| |
ALALÁ FADISTA
Saio a camiñar
chove sen parar
ti na mente.
Vexo o teu ollar
queimado de loitar
constantemente.
Levo a bandeira da paixón
cravada nas cadeiras
túa paisaxe un ideal que queima.
Quero quedarme ó teu carón
contando cada estrela
para cantar un alalá de festa.
Se non batera o corazón
non habería o canto.
Se non batera o corazón
non sentiría tanto.
|
|
Amar e roubar
xa que a vida non nos da amor
eu estou chea de palabras
ti estás cheo de silencio.
O silencio luminoso
a paz grande.
Cando ti me abrazas
non teño frío.
Non podo esquecer
todo o que me das
coma se foses vento.
Vento a me enredar
nun mundo espiral
que me despeina dentro.
Fado que me das
para rematar
cando esquecera o tempo.
Tempo para bailar e para cantar
e para bicarnos hasta ternos medo.
Música e letra: Carmen Dor
Versos de Lupe Gómez
|