> DoraMaar74
Letras    |    DoraMaar  


     Ritmos de tango, funky e bolero con evidentes texturas jazzísticas envolven unha estética suxerinte e fresca, tal vez a maior transparencia e fidelidade a si mesma que a artista acadou. Cantar abrindo os pulmóns, non disfrazar a dor, resucitando a forza apaixonada dunha fotógrafa surrealista cega de amor: Dora Maar.

     A produción artística a comparte co seu arreglista: Roberto Somoza. Grava en directo no Teatro Principal de Santiago de Compostela contando coa colaboración da Radio Galega. A banda que a acompaña é o clásico trío de jazz, dándolle especial importancia a acadar un son cálido e empastado resultante da emocionalidade arriscada do directo.

     Dora Maar 74 está interpretado por Alfredo Susavila ó piano; Pachi Cruz ó contrabaixo; Carlos Bastón á batería e Carmen Dor coa su voz.

 

DoraMaar74   |   biografía   |   fotos    |   novas    |   contacto    |   descargas