PRINCIPALPRINCIPAL
XISTRA DE CORUXO
Resulta doado atopar referencias ás infinitas coincidencias e lazos comúns que dende sempre existiron e existen entre dous paises como Galiza e Portugal que a forza de "teimudas necesidades" intensifican a cotío as súas relacións humanas e sociais a pesares das numerosas imposicións históricas na creación de fronteiras políticas, que afortunadamente endexamáis foron quen de separarnos

Pois unha desas "teimudas necesidades" é, como apunta o doutor Dos Santos Junior, a de exteriorizar as sentimentos colectivos afíns. Sentimentos dos que, sen dúbida, forman parte moi importante os costumes, os cantos, as músicas, os labores e unha cantidade de elementos folclóricos e etnográficos.
 
Este epectáculo non pretende convertirse nun manifesto teórico que pormenoriza na infindade das mal denominadas "coincidencias" entre as
h
culturas tradicionais galega e portuguesa por entender que ámbalas dúas
proveñen dunha mesma e única cultura.

Se cadra, "DO MIÑO? … MINHOTEIRO" non é máis ca outro intento de "teimuda necesidade". Pero con certeza o que neste evento se reivindica é un un modelo de concerto-espectáculo fundamentado nas experiencias adquiridas por colectivos coma "Cantares do Minho" (Viana do Castelo) e "Gaiteiros da Xistra" (Coruxo-Vigo) nos perto de vinte anos de vida artística baseada en traballos de campo por vilas e aldeas dun e doutro lado do río Minho.
Treboadas galegas, Zés Pereiras, cantos de segada, sachadeiras, modas, xotas, gôtas, fandangos, … e demáis manifestacións folclóricas galego-minhotas agrupadas nos seguintes bloques:

1º.- Exemplos dunha mesma oralidade: (a fala, as lendas, as cantigas)
2º.- As danzas: (a xota, a gôta, o fandango, a muiñeira)
3º.- Os trovadores: (as regueifas, as desgarradas)
4º.- As melodías galegas: (as treboadas, as sachadeiras, as modas, ...)
5º.- As melodías portuguesas: (os viras, as chulas, as modas, … )
6º.- O fin de festa galego-minhota.