***************
PRINCIPAL
***************
XISTRA DE CORUXO
***************
TENDA XISTRA
***************
***************
LINKS RECOMENDADOS
***************
A C T I V I D A D E S
D I D ÁC T I C A S
 
sobre foclore galego e internacional
ACTIVIDADES DIDÁCTICAS
CONCERTOS FORMATIVOS
MATERIAL  EDITADO
"AS  LIZADIAS": sobre folclore internacional
CONCERTOS PARA ESCOLARES: sobre música popular galega
    En calquera sociedade ou colectividade humana resulta imposible concebi-la vida sen ter en conta á súa música. Ela asoma coma elemento omnipresente na actividade social, pública e privada.
    O plantexamento didáctico que ofertamos dende a ASOCIACIÓN "GAITEIROS DA XISTRA", pretende contribuir a suxerir sistemas de aprendizaxe  de folclore na escola, axudar e orientar, na medida do posible, á quen ten as responsabilidades educativas e tamén a quenes consideran que os nosos costumes merecen a pena de ser conservados.
    Tamén pretendemos que o folclore sirva para algo máis que para crear espectáculos aspecto ó que está condeado no momento actual. Coidamos seriamente que a etnografía permanece ou debería de permanecer sempre viva entre as vindeiras xeracións dun xeito activo e con plena vixencia dentro do sistema de ensino oficial.
    Por elo, e dende a nosa modestia, aportamos estes materiais e suxerimos estas actividades, baseados nas experiencias folclóricas que asimilamos durante os anos que levamos percorrendo a xeografía galega, tanto na realización de estudios de campo coma participando nun bo número de actuacións dentro e fora do noso país.
k