![]() Asoc. Folc. "Gaiteiros da Xistra" |
|||
|
"d
o m t a n c a" (Casa da danza) A Casa da Danza de Varsovia existe desde 1.994. É unha asociación non gubernamental que reune a profesionais e aficionados da cultura tradicional polaca. Adícase, fundamentalmente á elaboración de traballos e proxectos de promoción, educación, arquivo e preservación do patrimonio da danza e da música rural. Por outra banda, A Casa da Danza supón simplemente un lugar e unha ocasión de bailar, de cantar e crear grupos. Aposta por dar a coñecer e facer comprender a cultura tradicional das diferentes rexións polacas na súa forma natural e espontánea, sen arranxos artificiais. Na medida do posible, seguen as indicacións dos vellos mestres que aínda viven. Asemade no seu facer básanse na cultura espiritual rural, "pois a filosofía descansa no ritmo e o sentido que provén do calendario eclesiástico". Outras da fontes de documentación que orienta a súa obra son os registros e as notas conservadas no arquivo de Oskar Kolberg (1.814 - 1.890), etnógrafo e compositor, amigo de Fréderic Chopin. A Casa da Danza de Varsovia traballa moi habitualmente con moitas isntitucións culturais e científicas de Polonia. En 2.001 representaron o seu país no "Grand Bal de l'Europe á Gennetines". A "Orquesta da Casa da Danza" está composta por 7 músicos e bailaríns e están capacitados para representar os seguintes programas: - "Música e danzas das terras da Polonia Central" (talleres e presentacións dos instrumentos tradicionais polacos) - "Danzas e músicas rituais das terras da Polonia Central" (as estacións, as vodas, as festas relixiosas, ... - "Música tradicional da antiga Polonia multiétnica" (influencias polacas, xudeas, bielorrusas, ucranianas, lituanas, etc.) Nota: O nome de "dom tanca" leva til enriba do "n". Non figura porque teclado do ordenador non admite til sobre consonantes. |
|||