|
Chegada a época do entroido, os mariñeiros
da bisbarra de Vigo transformábanse en Merdeiros coa intención de expresar
com máis forza as súas xenreiras para cos labregos. Para elo acostumaban vertirse
ao xeito de Escabicheiros, (persoas do rural que recollían os escabiche e
baleiraban os pozos-negros da cidade para abonar os seus campos), ridiculizando
aqueles elementos do traxe e aparellos máis significativos: o pucho, os símbolos
e o farol. Asemade gostaban de exaxerar o seu comportamento social tremendamente
anárquico.
|
||||||
![]() |
||||||
|
Título: "O
Merdeiro: un persoaxe do entroido vigués" |
||||||
|
"O MERDEIRO: UN PERSOAXE DO ENTROIDO VIGUÉS" resulta de lectura fácil,
rápida e entretida. As súas 55 páxinas cheas de elementos gráficos, debuxos
e interpretacións de Vicente Risco e Xaquín Lorenzo "Xocas", xunto con citas
textuais da prensa de finais do século XIX e comenzos do XX supoñen un compendio
de evidencias sobre a existencia real do único representante do entroido urbano
de Galiza: o seu comportamento, o seu disfraz e a súa desaparición antes da
II República Española. Segundo o seu autor e viciño de Coruxo, XERARDO F. SANTOMÉ, este libro supón un fin e un principio: "é o fin a 7 anos de estudos e búsquedas de documentacións ralizadas en hemerotecas, publicacións, arquivos personais e informantes de avanzada idade realizadas durante os anos 1991 e 1998. E ao mesmo tempo, tamén supón, ou debería supor, o principio dunha nova fase máis práctica baseada nas conclusións expostas en O MERDEIRO: UN PERSOAXE DO ENTROIDO VIGUÉS". Entre os textos que figuran neste libro, é de suliñar unha interesantísima documentación periodística sobor do xeito de celebrar "el carnaval callejero" na cidade de Vigo de finais do século XIX. "O MERDEIRO: UN PERSOAXE DO ENTROIDO VIGUÉS" pódese interpretar coma a base teórica do proxecto de recuperación dun xeito autóctono de celebrar o verdadeiro entroido en Vigo. Proxecto que están a realizar algunhas entidades da zona antiga coma a Asociació Cultural "A Revolta" e a Asociación Vecinal e Cultural " Casco Vello". |
||||||