![]() Asoc. Folc. "Gaiteiros da Xistra" |
|||
|
A MÚSICA E A DANZA TRADICIONAL DE POLONIA
Na tradición polaca distínguense dous grupos de danzas e melodías, ou cando menos os máis característicos: - O grupo a dous tempos comprende os "vivats", as "polcas" (provintes do Este) e outras de diferentes coreografías. - O grupo de danzas a tres tempos inclúen "Vals", "kujawiaks", "mazurcas" e "obereks". Os "obereks" son ritmos moi vivos e supoñen as únicas danzas típicas de Polonia. Caracterízanse polas repeticións e as numerosas variacións da súa melodía e as cancións que as acompañan son improvisadas no momento. Estas cancións son unha forma vocal moi espallada na Polonia interpretándose en solitario ou en na compaña de músicos. Un dos xeitos máis característicos de cantar e tocar instrumentos é o que se coñece co nome de "tempo rubato"; é dicir as alteracións no ritmo feitas por un instrumento (o máis usado soe se-lo violín) ou polo cantor nammentres que os outros instrumentos continúan co ritmo habitual para voltar enseguida todos xuntos ó mesmo ritmo. Gracias a este fenómeno, o ritmo da danza pasa constamente de ser de dous tempos a convertirse nun de tres, e viceversa. Os grupos típicos do Centro de Polonia posúen un violín, un contrabaixo a dúas ou tres cordas e un tambor. Outra formación é a composta por un violín, un harmonio (especie de acordeón a pedal) e un bombo. Na rexión de Wielkopolska (Oeste) os grupos están compostos duna gaita e un violín moi característico pois as súas cordas están máis tensas para conquerir un son moi máis agudo. No Norte e no Sur do país atópanse formacións de dous ou tres violíns e un cimbalón. E na parte oriental o canto acompáñase duna zanfona. |
|||