***************
PRINCIPAL
***************
ACTIVIDADES DIDÁCTICAS
***************
A TENDA XISTRA
***************
***************
LINKS RECOMENDADOS
***************
" X I S T R A
C O R U X O "
D E
XISTRA DE CORUXO
 
( O folc galego-minhoto )
Historia
Album

Un pouco da nosa historia

Foi en Marzo de 1.988, cando XISTRA DE CORUXO realiza a súa primeira aparición en público acompañando ó grupo de bailes tradicionais do Etnográfico "A Buxaina"; acompaña-mento que aínda hoxe perdura a través dalgún dos seus compoñentes e alumnos. A súa evolu-ción e traxectoria musical resúmese nos catro subtítulos que sempre acompañaron ó seu nome

"Xistra de Coruxo": Música Tradicional Galega.
Época do quinteto : dúas gaitas e percusións que acompañaban ó baile e ás veces actuaba pola súa conta interpretando pezas e melodías aprendidas polas aldeas de Galicia; sendo esta a característica máis salientable do grupo e que aínda hoxe en día conserva e prevalece sobor de calquera outra. Muiñeiras, Jotas, pasacorredoiras, marchiñas de reis, etc ... formaban o repertorio.
Canto máis se aprendía dos vellos gaiteiros galegos máis se precisaba a inclusión de novos instrumentos que aínda que non son tradicionalmente galegos tamén foran empregados por aqueles nos seu tempos: frautín, clarinete, platillos ... para interpretar melodías que xa ás veces non pertencían ó Cancioneiro Tradicional Galego. É aquí cando o grupo decide independizarse totalmente.
"Xistra de Coruxo": Música Popular Galega.
Do quinteto pásase ó sexteto e de ser seis a ser oito compoñentes coa inclusión do acordeón. Había que ocupa-lo oco existente na música do noso país deixado atrás polos grupos folk que paseniñamente ían abandoando as percusións e as melodías propias de Galicia..
h
Tomando coma referencia á fertil existencia de gaiteiros no Sur da Provincia de Pontevedra que formaron no seu entón grupos de gaitas e murgas, XISTRA DE CORUXO, decide basa-lo seu novo repertorio en ritmos e aires procedentes doutros pobos foráneos e que entraron na nosa comunidade a finais do século XIX e a principios do XX. Ritmos que foran asimilados e popularizados polos nosos devanceiros: rumbas, sambas, mazurcas, polcas, etc ... XISTRA DE CORUXO segue sen abandoa-las muiñeiras, jotas e demáis que tamén tocaban aqueles gaiteiros.
Aparece entón a oportunidade ofrecida por Edicións do Cumio S.A. de perpetua-lo traballo coa grabación do primeiro disco: "Se beillas arrente, coidado cos terróns"
"Xistra de Coruxo": Música Popular en Galego.
Debido á boa aceptación do primeiro traballo discográfico, o número de actuacións aumenta, coñécense outros grupos de diferentes procedencias e niveis musicais. Intensifícanse as visitas ó rural galego na percura de máis repertorio. Aparecen as primeiras viaxes a Europa e intercambios musicais. Todo elo provoca novas inquedanzas e gañas de plasmar esas vivencias. Xurde, entón, o dilema da evolución musical: ¿seguir coa música popular ou reconvertirse plenamente á nova moda do folk?.
Afortunadamente XISTRA DE CORUXO segue apostando polo que os seus membros aprenderon e aprenden naquelas vilas e aldeas actualizando melodías e así ata conquerir un xeito propio de interpretar e un son personalizado que o caracteriza dentro do eido músico-tradicional galego, popularizando e adaptando ó galego canta música entra dentro dos parámetros marcados polo propio grupo. Froito de todo elo, e da man de Edicións do Fol S.L., aparece o segundo traballo discográfico baixo o título de "Adicado ..."
Neste ano 1.997, ademáis da edición do xa mencionado segundo traballo discográfico, XISTRA DE CORUXO ven de participar na grabación doutros traballos a nivel mundial: un C.D. compartido con 17 grupos e intérpretes solistas de diferentes paises, que baixo o título de "Chants de Marins en Fête" foi grabado no mes de Agosto en Paimpol (Bretaña) e producido pola prestixiosa "Le Chasse-Marée"; e outro realizado en Balingen (Alemania) con motivo da "Sackpfeifen in Schwaben", celebrado nos meses de Outubro e Novembro tamén compartindo con 15 intérpretes doutros tantos paises europeos con gaita. En ámbolos casos, XISTRA DE CORUXO foi o único grupo que representa tanto a Galicia coma a España. A onde retornarían tres anos máis tarde para representar ó folclore da esfera denominada "celta"; quedando reflexada a súa participación nun novo C.D. editado a finais do ano 2.000.
E agora, co principio do novo milenio, XISTRA DE CORUXO , co aval de Zouma Records, aventúrase nunha nova proposta discográfica: "Xistralia: República Independente": un adianto do novo xeito de entende-la música tradicional e amosando un craro concepto "revolucionario": o folc galego-minhoto; que se pode resumir en que "o Sur de Galicia ten máis de minhoto ca doutras comunidades próximas e o Norte lusitano máis de galego".
Na República Musical de Xistralia danse biras galegos e muiñeiras portuguesas; gaitas de diferentes tonalidades misturadas con cavaquinhos e violas braguesas; os golpes de Treboadas cos dos Zes Pereiras; caldeiros de latón con castañetas, tréculas e triquilitraques; voces; acordeóns; clarinetes; ... E así ata chegar a un total de 23 instrumentos diferentes que xa foran empregados noutros tempos polos músicos da "Xistralia Antiga".